Saltar ao contido

Útica, Cundinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaÚtica, Cundinamarca
Imaxe

Localización
Mapa
 5°11′19″N 74°28′52″O / 5.1886, -74.4811
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie92 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude614 m Editar o valor en Wikidata

Páxina webutica-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Útica é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Gualivá, a 119 km ó noroeste de Bogotá.

O concello de Útica foi fundado polos irmáns Calixto e Anselmo Gaitán en 1803, e o seu nome foille colocado en recordo da antiga cidade romana do norte de África, Útica.

Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Útica estivo poboado polos panches. Dende os tempos en que as expedicións conquistadoras viaxaban entre Corinto (Cauca) e Útica (Cundinamarca), as terras de Útica foran frecuentadas polos españois. A comezos do século XIX, os irmáns Evaristo, Calixto e Anselmo Gaitán, orixinarios de La Palma, fundaron no que é hoxe Útica un casarío chamado Salinas. Este casarío, que tivo asento no actual barrio de "Pueblo Viejo", recibiu devandito nome debido á existencia de fontes termais e azufradas nas súas proximidades.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]